viernes, 16 de agosto de 2013

Luzes



Hai un par de anos apareceu Jot Down, unha "revista cultural" coa aspiración de se converter no New Yorker español. Non sei si chegou a tanto, pero a empresa sigue sumando amenceres, o que non é pouco. Unha das súas principáis características e a do espazo que da ós contidos: a lectura dun só artigo ou dunha entrevista pódese extender ao longo dun almorzo xeneroso (a media de permanencia en páxina é de 47 minutos*). Hoxe é una publicación consolidada na rede (400000 páxinas vistas mensuais**), o medio que a viu nacer, e mesmo nos quioscos, xa que dende hai un ano sacan unha edición en vexetal. O seu éxito dalle pulo a un tipo de periodismo feito devagar nun momento de sobreabundancia de información, a maior parte dela cociñada no microondas.

Agora tócalle a unha iniciativa similar pero máis próxima. Trátase tamén dunha revista que quere "escapar do ruido diario", o dos xornáis, e mover as rotativas paseniño. A xente de Luzes xa levaba un tempo asomando polas redes sociais e o pasado luns presentáronse na Feria del libro da A Coruña. Mensual, en galego na edición en papel e en español e portugués na dixital, Luzes "nace co obxectivo de ser una reivindicación da cultura aberta". Polo que se lee no manifesto por esa abertura vai entrar a música, razón suficiente para dar conta desta boa nova no blog.




* e ** . Datos de marzo de 2012


No hay comentarios :