miércoles, 11 de junio de 2008

São Paulo Underground


Dentro da interesante e variada programación de "Espazos sonoros", plausible iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta, o venres 13 e o sábado 14 de xunio, en Santiago e Allariz respectivamente, poderase escoitar a São Paulo Underground.

Esta formación, radicada en Brasil, conta entre os seus integrantes con Rob Mazurek e
Mauricio Takara. O primeiro é un músico e artista participante en diversas formacións da escena post-rock e avant-jazz de Chicago, moitas delas accesibles a través do selo discográfico Thrill Jockey; o segundo é un excepcional percusionista brasileiro cunha longa lista de colaboracións que inclúe a Nana Vasconcelos, Damo Suzuki, Cidadão Instigado, Otto, Thomas Rohrer ou Nação Zumbi, ademais de editar traballos co seu nome ou formando parte de Hurtmold.

Podes escoitalos aquí.