martes, 2 de febrero de 2010

Bill Callahan: rock de baixo custo.


Os comezos sempre son duros e o feito de facer da necesidade virtude pode explicar a musica povera das primeiras grabacións de Bill Callahan/Smog. Con todo, a estética lo-fi deses anos encaixaba á perfección coa súa sobriedade expresiva e os primeiros discos para Drag City, xa con máis medios, insistirán no son acre daqueles rexistros en catro pistas de finais dos oitenta.

¿Baixa fidelidade? Ben, só é unha maneira de facerse entender. Trátase dunha das etiquetas máis desafortunadas da historia do rock. ¿Alguén se imaxina nunha tenda de discos preguntando pola sección de "alta fidelidade"? O do lo-fi era pouco máis que unha coartada para deixarse ver no espacio da música independente, algo que permitiu a Bill Callaham atopar tempo para consolidarse como unha figura con voz propia. A súa traxectoria ascendente é proba do seu talento, un talento que non só lle permitiu sobrevivir ao pintoresquismo dos inicios se non tamén mostrar que ás veces a personalidade brilla máis enmarcada polo que
nos é familiar: a condición é poñer esa familiaridade ao servicio dun, e non ao revés.

Él di que sempre compuxo da mesma maneira, tanto para o áspero Julius Caesar como para Sometimes I Wish We Were an Eagle, o seu "cénit monetario" en canto a producción. Hoxe mantén a economía de medios coa que se deu a coñecer, aínda que desprazouna toda desde o aparello técnico á súa voz e á música na que ven envolta, algo que se pode apreciar en Accumulation: none, disco que recopila cancións das Peel Sessions e diversos singles editados ao longo de dez anos. Entre Floating e Came Blue hay unha década de distancia, dez anos de poucos pero sustanciais cambios.






Bill Callahan estará de xira por España neste mes de febreiro:



15/2 Sala Apolo - Barcelona
16/2 Centre de Cultura Sa Nostra (Waiting for Waits) - Palma de Mallorca
18/2 Teatro Jofre - Ferrol
19/2 Teatro Caixanova - Vigo
20/2 Auditorium - Valladolid
21/2 Cafe Hispano - Zaragoza
23/2 L'Escorxador - Elche
24/2 Teatro Isidoro Maiquez - Granada

A foto é cortesía de Chris Taylor.