No Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa da Coruña vense celebrando desde decembro do ano pasado un interesante Curso de Cultura Musical. Ésta é a súa primeira edición e comprende unha serie de clases maxistrais de temática diversa co obxectivo de ofrecer unha visión panorámica sobre os diferentes ámbitos de especialización musical na actualidade.
O curso complementa a terceira edición do ciclo de concertos El Oído Contemporáneo, que ten lugar tamén no MACUF e que se céntra na música do século XX. Entre o tres de abril e o trinta e un de maio poderase asistir á interpretación de obras de Ichiyanagi, Feldman, Hindemith, Messiaen e de compositores holandeses da actualidade.

No hay comentarios :
Publicar un comentario