lunes, 19 de agosto de 2013
A casa tomada abre as súas portas
martes, 9 de octubre de 2012
Espazos sonoros.
Nestes días está tendo lugar unha nova edición do ciclo de obradoiros e concertos Espazos Sonoros. Pódese acceder á programación clicando eiquí.
jueves, 6 de mayo de 2010
Paralelo 43°21'45”

sábado, 4 de octubre de 2008
Pecados.

Sen embargo, esta entrada ten como motivo unha feliz nova proposta na axenda cultural galega: do 8 de outubro ao 9 de decembro vaise celebrar en Pontevedra o "ciclo de músicas prohibidas" Pecados: intercambio de cds nas prazas da Peregrina e da Verdura e concertos de Duo Dithyrambe, Toumani Diabaté, Stereolab e The Residents. Máis información aquí.
viernes, 26 de septiembre de 2008
Está pasando.

miércoles, 16 de julio de 2008
ArtEx Sonora

- Manuel Gião / Manuel Gião + Ángel Faraldo (improvisación)
Martes 15 de Julio, 20:30 horas
- Xedh
Martes 22 de Julio, 20:30 horas
- Durán Vázquez
Miércoles 30 de Julio, 20:30 horas
- Yuaf
Martes 5 de agosto, 20:30 horas
Pódese escoitar un avance nesta web e obter máis información sobre a mostra nesta outra.
domingo, 25 de mayo de 2008
Ayler, Henritzi, Fukuoka & Karino no CGAI
Walking in the Shadow - Improvisacións.
Kumiko Karino - Fotografías.
Kasper Collin: My name is Albert Ayler – Documental.
23 de maio, CGAI, A Coruña.
Fans de Albert Ayler, non temades, nin se trata dunha desas prácticas mercantís necrófilas nas que un artista é convocado a participar sin, claro, o seu consentimento, nin dunha jam-session de ouija levada a cabo por ocultistas afeccionados á música improvisada...Aínda que dada a multidisciplinariedade das manifestacións artísticas contemporáneas quén sabe,..., todo podería ser...
Non é habitual ter a posibilidade de escoitar a músicos coma estes na Coruña. A cita anual co ciclo de jazz da Fundación Barrié xa trouxo a esta cidade, en dúas ocasións, ó músico neoiorquino John Zorn, exemplo dunha aproximación á música improvisada que introduce o xogo como medio de modificar a estructura das composicións en tempo real, cun resultado que as afasta do jazz máis ortodoxo.
Propostas como a de Zorn ou a de Henritzi e Fukuoka móvense dentro dese ámbito da improvisación que hibrida diferentes tradicións e que descurre cara adiante ó longo de novas directrices. Por isto, e a pesares de ser incluidas habitualmente nos certames de jazz, corrente afín no seu plantexamento de base, diferéncianse déste nos seus rendementos.
No caso de John Zorn os referentes parten do traballo da AACM [Association for the Advancement of Creative Musicians] e da BAG [Black Artists Group] - que misturaron a liña trazada polos Cage, Partch ou Kagel coa do jazz - incorporando músicas como o metal, as bandas sonoras para cine e animación ou o sampling extremo dos plunderphonics de John Oswald. En canto ó dúo franco-xapones, as súas traxectorias individuais móvense nun variado conxunto de espazos musicais que van dende o rock psicodélico ás derivas sonoras de Derek Bailey.
A película, montada a partir de material fílmico e fotográfico orixinal da época e con aportacións de familiares e coñecidos entrevistados na actualidade, discorreu adherida á traxectoria vital de Ayler, con escasas referencias directas ó contexto político e social no que se desenvolveu. Neste sentido, o título é ilustrativo e denota o decurso da narración: a loita dun home polo seu espazo no ámbito artístico é, solidariamente, no vital, coa bagaxe dunha innegociable singularidade.




