Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2009

ArtEx Sonora II


Achégase a segunda edición de ArtEx Sonora. Terá lugar no MACUF da Coruña e contará coas actuacións de Stephen Cornford - o 16 de maio - e Carlos Suárez - o 23 de maio -. Este último impartirá un taller teórico-práctico sobre fonografía e arte sonoro - 16 e 17 de maio -.

martes, 24 de marzo de 2009

El Oído Contemporáneo / Curso de Cultura Musical


No Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa da Coruña vense celebrando desde decembro do ano pasado un interesante Curso de Cultura Musical. Ésta é a súa primeira edición e comprende unha serie de clases maxistrais de temática diversa co obxectivo de ofrecer unha visión panorámica sobre os diferentes ámbitos de especialización musical na actualidade.

O curso complementa a terceira edición do ciclo de concertos El Oído Contemporáneo, que ten lugar tamén no MACUF e que se céntra na música do século XX. Entre o tres de abril e o trinta e un de maio poderase asistir á interpretación de obras de Ichiyanagi, Feldman, Hindemith, Messiaen e de compositores holandeses da actualidade.