lunes, 26 de agosto de 2013

Mr. Wilson & friends

"¿De verdad te gustan los Beatles? Se lo tengo que contar a mis amigos, no sabía que eran conocidos en España".

Brian Wilson entrevistado por Diego Alfredo Manrique.

lunes, 19 de agosto de 2013

A casa tomada abre as súas portas



O 31 deste mes inaugúrase A casa tomada. Situada nun antigo edificio da estación de ferrocarril de San Cristobal de A Coruña, ofrecerá actividades "relacionadas coas distintas artes: escénicas, audiovisuais, musicais e pictóricas."

Noraboa a tódolos implicados.

Pódese atopar información máis detallada na súa web.




Situación no mapa:



viernes, 16 de agosto de 2013

Luzes



Hai un par de anos apareceu Jot Down, unha "revista cultural" coa aspiración de se converter no New Yorker español. Non sei si chegou a tanto, pero a empresa sigue sumando amenceres, o que non é pouco. Unha das súas principáis características e a do espazo que da ós contidos: a lectura dun só artigo ou dunha entrevista pódese extender ao longo dun almorzo xeneroso (a media de permanencia en páxina é de 47 minutos*). Hoxe é una publicación consolidada na rede (400000 páxinas vistas mensuais**), o medio que a viu nacer, e mesmo nos quioscos, xa que dende hai un ano sacan unha edición en vexetal. O seu éxito dalle pulo a un tipo de periodismo feito devagar nun momento de sobreabundancia de información, a maior parte dela cociñada no microondas.

Agora tócalle a unha iniciativa similar pero máis próxima. Trátase tamén dunha revista que quere "escapar do ruido diario", o dos xornáis, e mover as rotativas paseniño. A xente de Luzes xa levaba un tempo asomando polas redes sociais e o pasado luns presentáronse na Feria del libro da A Coruña. Mensual, en galego na edición en papel e en español e portugués na dixital, Luzes "nace co obxectivo de ser una reivindicación da cultura aberta". Polo que se lee no manifesto por esa abertura vai entrar a música, razón suficiente para dar conta desta boa nova no blog.




* e ** . Datos de marzo de 2012


Juan Perro en San Vicente do Mar



A terceira entrada para Santiago Auserón/Juan Perro neste verán é para dar conta do seu concerto de mañá en S. Vicente do Mar (O Grove). Será no bar Náutico, á unha da madrugada e por 14 euros. 

Náutico
Praia da Barrosa s/n,
San Vicente do Mar (O Grove)
36988 Pontevedra
Tlf. 986 738 220